Samaín (ou Samhain) é a festividade de orixe celta máis importante do período pagano que dominou Europa ata a súa conversión ao cristianismo, na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro celebrábase a fin da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada como o "Ano Novo Celta", que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ao outro mundo. A súa etimoloxía é gaélica.
Foi practicada desde fai máis de tres mil anos polos pobos celtas que poblaron toda Europa.
Na actualidade o Samain continúa a celebrarse polos seguidores de movementos neo-paganos, (relixión) como a wicca e o druidismo.
Por unha banda, atopamos que a orixe pagana da celebración poderiamos atribuíla á celebración Celta, chamada "Samhain" e que tiña como obxectivo reverenciar aos ancestros. A invasión dos Romanos (46 a. C.) ás Illas Británicas deu como resultado a mestura da cultura Celta, a cal co tempo rematou por desaparecer. A súa relixión, coñecida como Druidismo, desapareceu na maioría das comunidades celtas coa evanxelización que tivo lugar a finais do século II.
Boneco
Hace 14 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario