viernes, 19 de noviembre de 2010

Tema 2: Hardware

Facer con viñetas unha lista de traballos que levarán a Google Sites, onde gardaremos os arquivos feitos con Open Office Writer.


  • Dispositivos do ordenador:
  • Diagrama da páx.28, feito con imaxes de pequeno tamaño, preferentemente gifs(animados ou non).
  • Actividade 9 páxina 35:ACT9PAX35.odt.
  • Actividade 16 páxina 50:ACT15PAX50.odt.

sábado, 6 de noviembre de 2010

Museo do Prado

O Museo Nacional do Prado, ubicado en Madrid, España, e unha das pinacotecas máis importantes do mundo, singularmente rica en cadros de mestres europeos dos seculos XVI ao XIX. O seu principal atractivo radica na ampla presenza de Velázquez, Goya (o artista máis estensamente representado na coleción), Tiziano e Rubens, dos que posee as mellores colecións que existen a nivel mundial, ao que hai que sumar as colecións de autores tan importantes como O Greco, Murillo, José de Ribera, Zurbarán, Rafael, Veronese, Tintoretto, Van Dyck ou El Bosco, por citar só os máis relevantes. As habituais limitacións de espazo explican que o museo exhiba unha seleción de obras de máxima calidade (unhas 900 pinturas), do total de máis de 7.800 que ten no seu inventario, e que por iso sexa definido como «a maior concentración de obras mestras por metro cadrado». Grazas a recente ampliación de Rafael Moneo, prevéese que a seleción exposta creza nun 50%, con unhas 450 obras máis.
Ao igual que outros grandes museos europeos, como o Louvre de París e os Uffizi de Florencia, o Prado debe a sua orixe a afición colecionista das dinastías gobernantes ao longo de varios seculos. Reflexa os gustos personais dos reis españois e a sua rede de alianzas e enemistades políticas, polo que e unha coleción asimétrica, insuperable en determinados artistas e estilos, e débil en outros. Sólo desde o seculo XX procurase, con resultados desiguais, solventar as ausencias máis notorias.

Pregunta 16:Tecnoloxia GRID

 Un exemplo de informática distribuida pode ser:
  • A loita contra a SIDA; o proxecto fightAIDS@home intenta aproveitar os recursos de miles de ordenadores voluntarios para combater a SIDA.

As tecnoloxías Grid trouxeron consigo outro concepto novo:organización virtual . As organizacións virtuais agrupan a entidades que poden estar interesadas en un mesmo proxecto ou actividade comercial; estas entidades desenrolan plataformas capaces de compartir, de forma segura, todo tipo de recursos: datos, procesamento, almacenamento, etc.

Pregunta 15:Tecnoloxía Grid

A tecnoloxía GRID une centeares de grandes ordenadores para que compartan non só información, senón tamén capacidade de cálculo e grandes espazos de almaceamento, deu agora un novo paso adiante: a dispoñibilidade de software e de ferramentas necesarias para que a interfaz co usuario sexa interactiva.

Unha das aplicacións diríxese a aqueles ámbitos nos que se teñen que transformar grandes cantidades de información en coñecemento, mediante o uso de simulacións e de técnicas de análise e de minería de datos, co fin de mellorar a toma de decisións.

 En relación cun desenrolo tecnolóxico sostible aporta un gran aforro de enerxía e de recursos; trátase de aproveitar o alto porcentaxe de procesamento que queda libre na maioría dos microprocesadoresdos ordenadores persoais, que de outro modo estaría completamente desaproveitado.

jueves, 4 de noviembre de 2010

Que é unha batea


Unha batea é unha estrutura flotante composta dunha estrutura superior de madeira (un entramado de grandes vigas, normalmente de eucalipto), flotadores de enormes dimensións e cordas perpendiculares á batea que se funden na auga e onde crecen os produtos.
En España encóntranse principalmente nas Rías Baixas, en Galicia.
Nas bateas crecen os animais que se desexen, normalmente mexillóns, pero tamén numerosos peixes e outro tipo de moluscos, así como multitude de algas que se agarran ás cordas. Desta forma temos que, co paso do tempo, unha batea acaba sendo un ecosistema moi rico.
A balsa suxéitase ao fondo mediante unha ou dúas cadeas de aceiro e un peso de vinte toneladas. Do entramado de madeira cólganse cordas de nylon de tres centímetros de grosor e de dez a doce metros de longo, onde se engorda o mejillón. 
A súa lonxitude é de 26,96m e o seu ancho de 19,90m, cunha superficie de entre 100 a 500 metros cadrados, e dela penden unhas 500 cordas para o engorde do mexillón.


                              Vista dunha batea na Ría de Vigo


martes, 2 de noviembre de 2010

Samaín

Samaín (ou Samhain) é a festividade de orixe celta máis importante do período pagano que dominou Europa ata a súa conversión ao cristianismo, na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro celebrábase a fin da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada como o "Ano Novo Celta", que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ao outro mundo. A súa etimoloxía é gaélica.
Foi practicada desde fai máis de tres mil anos polos pobos celtas que poblaron toda Europa.
Na actualidade o Samain continúa a celebrarse polos seguidores de movementos neo-paganos, (relixión) como a wicca e o druidismo.

Por unha banda, atopamos que a orixe pagana da celebración poderiamos atribuíla á celebración Celta, chamada "Samhain" e que tiña como obxectivo reverenciar aos ancestros. A invasión dos Romanos (46 a. C.) ás Illas Británicas deu como resultado a mestura da cultura Celta, a cal co tempo rematou por desaparecer. A súa relixión, coñecida como Druidismo, desapareceu na maioría das comunidades celtas coa evanxelización que tivo lugar a finais do século II.