jueves, 4 de noviembre de 2010

Que é unha batea


Unha batea é unha estrutura flotante composta dunha estrutura superior de madeira (un entramado de grandes vigas, normalmente de eucalipto), flotadores de enormes dimensións e cordas perpendiculares á batea que se funden na auga e onde crecen os produtos.
En España encóntranse principalmente nas Rías Baixas, en Galicia.
Nas bateas crecen os animais que se desexen, normalmente mexillóns, pero tamén numerosos peixes e outro tipo de moluscos, así como multitude de algas que se agarran ás cordas. Desta forma temos que, co paso do tempo, unha batea acaba sendo un ecosistema moi rico.
A balsa suxéitase ao fondo mediante unha ou dúas cadeas de aceiro e un peso de vinte toneladas. Do entramado de madeira cólganse cordas de nylon de tres centímetros de grosor e de dez a doce metros de longo, onde se engorda o mejillón. 
A súa lonxitude é de 26,96m e o seu ancho de 19,90m, cunha superficie de entre 100 a 500 metros cadrados, e dela penden unhas 500 cordas para o engorde do mexillón.


                              Vista dunha batea na Ría de Vigo


No hay comentarios:

Publicar un comentario