jueves, 17 de marzo de 2011

9.Dispositivos da comunicación. Redes

-Redes locais: unha rede interna, rede local ou LAN (Local Area Network) é un conxunto de ordenadores conectados entre si, coa finalidade de compartir recursos e información. Todos os ordenadores e dispositivos (impresoras, hub, router...) dunha rede están conectados fisicamente mediante un cabreado que os percorre un a un; a conexión deste cable a cada ordenador depende do tipo de cable empregado, pero sempre se realiza a través da tarxeta de rede. Ademais desta tarxeta, é necesario que todos os ordenadores dispoñan do software adecuado, denominado software de rede, que permita compartir os dispositivos conectados á rede. O protocolo máis utilizado nas redes locais era Ethernet, aínda que cada vez é máis frecuente utilizar o protocolo TCP/IP, adquirindo deste modo características análogas as de internet. Ás redes que utilizan este protocolo denomínaselles intranet.
Nunha intranet, cada ordenador identifícase cunha dirección IP que ten que estar, obrigatoriamente, dentro duns rangos específicos, xa que deste modo garántese que non poida estar accesible desde internet.

-Topoloxía dunha rede: unha rede local pode instalarse de varias maneiras distintas, e cada unha ven determinada por características como o tipo de cableado, a velocidade de transferencia e a seguridade que poderá ter.

-Rede en anel: trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores están conectados a ela. A información circula nun sentido, polo anel, e cada ordenador analiza se é el o destinatario; se non fose así, deixará pasar a información ao seguinte, e así sucesivamente. Trátase dunha rede bastante estable e cunha taxa alta de transferencia de información.

-Rede en estrela: os ordenadores non están unidos directamente entre si, senón que o fan a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable (un problema de comunicación non bloquea toda a rede), segura e cunha velocidade de transferencia alta. Nestas redesutilízanse cables de tipo UTP.


-Hub e switch:

-Hub ou concentrador: a este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e por cada dispositivo (impresora, router...), e actúa como ponte entre todos eles; cando un ordenador envía información, o concentrador reenvíana a todos, paras que o destinatario a tome e o resto a rexeite.

-Switch ou conmutador: ao igual que un hub, actúa de ponte entre todos os dispositivos da rede, pero, ademais, é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, polo que non envía a información a todos eles, senón só ao destinatario, evitando deste xeito sobrecargar a rede e as colisións de datos.
Cableado dunha rede local: como xa se indicou nos diferentes tipos de redes, hai distintos tipos de cableado para crear unha rede local.

Tipos de cable de rede:

-Cableado coaxial: trátase dun cable que está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha maia de cobre. Este cable resulta económico e pode alcanzar velocidades de transmisión media; a conexión ás tarxetas de rede realízase mediante conectadores BNC. Actualmente está en desuso.

-Cableado UTP: Este cable está constituído por catro pares de fíos dentro dunha mesma camisa; cada par de fíos está trenzado para evitar a interferencia eléctrica dos outros pares. Este tipo de cable, que resulta económico e permite alcanzar unha boa velocidade de comunicación, necesita conectadores RJ-45.

-Cableado de fibra óptica: A fibra óptica transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro, polo que non lle afectan as corrente eléctricas externas. Estes cables constan de de dous fíos de fibra de vidro (cada un transmite nunha soa dirección) protexidos por fibras de Kevlar e capas de plástico. Aínda que o seu custo é alto, permiten alcanzar velocidades de transmisión moi elevadas e a súa lonxitude pode ser moi extensa; necesitan os conectadores ST de fibra óptica.

-Redes inarámicas: nas redes inarámicas, tamén denominadas WiFi, os usuarios conéctanse sen as limitacións que impón un cable (permanencia nun emprazamento concreto), xa que os seus datos transmítense polo aire; deste xeito, conséguese gran liberdade de movementos.
As tecnoloxías que permiten a conexión sen cables (inarámicas) atópanse en continua investigación, e baséanse tanto en ondas de radio como en microondas para transmitir a información. A velocidade de transferencia é baixa e varía segundo os protocolos utilizados, que van evolucionando ata velocidades algo máis altas; as distancias que alcanzan tamén van en aumento grazas a sistemas como novos protocolos como, por exemplo, WiMAX (Worldwide Interoperability for Microwave Access). Este novo protocolo permite conexións entre dous puntos situados ata un máximo duns 50 km, con velocidades de ata 70 Mbps (a velocidade das redes cableadas está entre 100 e 1000 Mbps).

-Redes externas. Internet: unha rede externa é un conxunto de ordenadores conectados entre si cuxa situación física pode estar en diferentes edificios, localidades e incluso países; a este tipo de rede pertencería internet, aínda que, dada a súa amplitude, considérase xa como unha rede global.
No caso de querer conectar un equipo a unha rede externa, e posto que non existe un cableado como nunha rede local, necesítase outras vías diferentes para a conexión. Entre eles a máis frecuente segue sendo a rede telefónica, aínda que se están investigando novas conexións a través da rede eléctrica, conexión vía satélite, conexión inarámicas, etc.

-Redes privadas virtuais: son un tipo de redes especiais, posto que empregan a infraestrutura dunha rede externa, pero agregan unha serie de medidas de seguridade entre os ordenadores conectados de modo que a súa comunicación poda chegar a ser privada.

-Conexión a través dunha liña telefónica:

-Módems: son dispositivos que permiten enviar e recibir información a través dunha liña telefónica convencional, RTC. A súa misión consiste en modular o sinal dixital do ordenador en analóxico e demodular o sinal analóxico recibida para convertela en sinal dixital.

-Tarxetas RDSI: entre as súas vantaxes fronte as liñas RTC destacan a velocidade de transmisión e o feito de que a información que viaxa por elas é dixital, non analóxica. Estas liñas dispoñen de varios canais, polo que a conexión a internet non impide que se poda realizar ou recibir chamadas telefónicas.

-Módems ADSL: supuxo unha revolución en canto a conexión a internet. Esta tecnoloxía permite o uso do fío de cobre dunha liña telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade e, simultaneamente, para o uso normal dunha liña telefónica.
Permiten transferir datos a distintas velocidades, sendo sempre maior a velocidade de recepción que a de envío de datos.

-Router: tamén chamado enrutador, permite unir ordenadores como si foran un hub ou swicth. Pero esta non é a súa única función, posto que un router é capaz de buscar o camiño para por en contacto dous ordenadores que se queiran conectar, incluso se están en distintas redes. O router tamén se ocupa de que a información non se envíe a todos os ordenadores, senón unicamente os destinatarios.


-Conexión a través de cable: o inconveniente deste tipo de conexión é que precisa unha infraestrutura nova que non en todas as zonas xeográficas está dispoñible. A conexión non se fai directamente entre o usuario e o provedor, senón que se trata dunha conexión multipunto, na cal moitos usuarios comparten o mesmo cable, motivo polo que diminúe a tasa de transferencia a medida que se conectan usuarios o mesmo cable.

-Conexión vía satélite: é outra alternativa para conectarse a internet; trátase dunha conexión híbrida, posto que o usuario recibe a información vía satélite pero a envía por un sistema terrestre. A finalidade é que o usuario aproveite a alta velocidade da conexión vía satélite para recibir grandes bloques de información, e que empregue calquera outra conexión terrestre para a petición de páxinas. Esta tecnoloxía está en desuso pola súa baixa velocidade fronte a outros sistemas e o seu uso limítase a sitios que estean illados.

-Conexión por ondas radioeléctricas: é semellante a conexión dun ordenador nunha rede de área local inarámica, tamén é posible acceder a internet mediante ondas eléctricas, o que supón un abandono do punto de conexión específico e unha liberación en canto a mobilidade. A este sistema coñéceselle coas siglas LMDS, que fan alusión á existencia de múltiples puntos (antenas) con os que os usuarios establecen a comunicación.
Conexión móbil.

-GSM: é un estándar internacional de comunicacións dixitais móbiles, que emprega o concepto de comunicación por circuítos. Nel, a voz convertese nunha sinal dixital codificada e é transmitida ata un terminal que é encargada de descodificala.

-GPRS: está baseado na conmutación de paquetes e non de circuítos, como no caso do sistema GSM. Con este sistema non é necesario dispor dun canal exclusivo para o usuario, xa que as canles poden ser compartidos.

-UMTS: traballa con unha frecuencia moi alta, que posibilita unha taxa de transmisión de información de 2 Mbps. Con esta taxa é posible transmitir voz e datos a vez, e incluso sinal de TV e videoconferencias. A transmisión de información realízase por conmutación de paquetes. Unha característica particular do sistema UMTS é que permite estar conectado á rede de forma permanente. Tanto nos sistemas GPRS como UMTS, a facturación non se realiza por tempo de conexión, senón por volume de datos transmitidos.

Ir a páxina relacionada picando aquí