jueves, 17 de febrero de 2011

8. Dispositivos de almacenamento

 - Discos magnéticos: os discos magnéticos gardan a información en superficies (discos) de natureza magnética. Antes de poder utilizar un disco magnético, este ha de ser preparado (formatado) para que se poida recibir a información; esta operación divide o disco en pistas e sectores nos que se almacenará a información.
O disco flexible, tan utilizado ata a aparición da memoria flash, era o soporte de almacenamento (magnético) que se utilizaba para transportar información dun ordenador a outro; este disco estaba provisto dunha lámina protexida por unha carcasa de plástico. Os discos flexibles máis utilizados eran os denominados discos de 3 1/2 (nome que facía referencia ao seu tamaño físico en polgadas), aínda que existían outros como os discos ZIP, con capacidades de 100, 250 ou 750 MB, e os Superdisk LS-x, con capacidades de 120 ou 240 MB.
Hoxe en día, o representante máis importante dos discos magnéticos é o disco duro, tamén chamado disco fixo, xa que adoita estar dentro do ordenador; non obstante, isto xa non é certo de todo, posto que son frecuentes tamén os discos duros extraíbles e os discos duros externos.

Os discos duros están formados por un conxunto de discos amoreados cun eixe común; entre eles están situadas as cabezas de lectura-escritura de maneira que poidan ler e escribir nas dúas caras de cada disco.
Ao igual que nos discos flexibles, a información almacénase en cada unha das superficies magnéticas dun disco; o número de discos e a composición do material magnético determinan a capacidade do disco duro, que, día a día, aumenta vertixinosamente, sendo habitual falar de discos duros de 200, 400 ou 500 GB, e mesmo de 1TB.
Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos, os discos duros poden ser de varios tipos; na actualidade, os máis utilizados son discos 
IDE (EIDE); esta tecnoloxía permite conectar ata catro dispositivos con capacidades de Gigabytes. Dentro deste tipo de hai que falar de subtipos que se diferencian, sobre todo, na velocidade de transferencia de datos: ATA, Ultra-ATA, Ultra DMA, Ultra DMA-66, Ultra DMA-100...; o último en aparecer foi o Serial-ATA.

- Discos ópticos: a aparición dos discos ópticos (CD-ROM e DVD), provocou unha revolución nos sistemas de almacenamento, grazas á enorme cantidade de información, de moi distinta natureza, que poden almacenar cun custo relativamente baixo. Todos estes discos utilizan tecnoloxía óptica (láser).

- Discos magneto-ópticos: Estes discos utilizan unha tecnoloxía mixta: magnética e óptica. A súa gran vantaxe é que permiten almacenar unha gran cantidade de información madiante a técnica óptica, pero, ademais, os datos poden ser modificados e borrados grazas á tecnoloxía magnética.
A superficie dun disco magneto-óptico está constituída por unha aleación de metal cristalino sobre unha superficie de aluminio (encargada de reflexar posteriormente o láser); ambas están situadas entre dúas capas de plástico que as protexen.
Á hora de gravar ou modificar información, o láser quenta unha pequena porción de superficie da aleación cristalina, liberando aos cristais o suficiente para para permitirlles o movemento. O campo magnético é capaz de orientalos para cambiar a súa posición e poder así representar os díxitos (0 e 1) correspondentes á nova información.
A lectura de información realízase do mesmo modo que nun disco óptico; a orientación dos cristais fai que o raio de luz se reflicta ou non na dirección determinada para que sexa detectada por un sensor e poida converterse en información dixital (0 e 1).

Dispositivos de almacenamento baseados nas memorias FLASH: as memorias flash, inicialmente utilizadas para almacenar os datos da BIOS do ordenador, popularizáronse e o seu uso xeneralizouse ata o punto de que cada vez son máis os dispositivos de almacenamento que utilizan esta tecnoloxía.
Estes dispositivos, que soen comercializarse con distintos nomes (Compact flash, Memory stick, Smart drive, Pendrive...) non só son dispositivos informáticos, senón que se estendeu a súa utilización a outros dispositivos electrónicos, como, por exemplo, as cámaras fotográficas ou de vídeo dixitais. No caso dos dispositivos informáticos, soen conectarse a un  porto USB, desde o cal  obteñen a enerxía eléctrica suficiente para o seu funcionamento.

As características máis sobresaíntes destes dispositivos son o seu reducido tamaño e a non necesidade dunha pila ou batería que subministre enerxía á memoria para manter a gravación. Iso si, a vida dunha memoria flash non é indefinida: cífranse entre 100000 e 1000000 as veces que se poderá gravar información nela.



Memorias FLASH

Disco magnético

Disco magnético

Disco magneto-óptico
Disco óptico


martes, 8 de febrero de 2011

7. DISPOSITIVOS DE ENTRADA E SAÍDA

DISPOSITIVOS DE ENTRADA:
  • Rato: este dispositivo permite transmitir información ao ordenador de dous modos: desplazándoo por unha superficie para provocar o movemento do seu indicador na pantalla, e pulsando os seus botóns para realizar certas accións en función de onde esté colocado o indicador.
  • Teclado: é o modo máis frecuente de introducir información no ordenador. Hai gran variedade de teclados, con posibilidade de conetalos a distintos portos e incluso con trasmisión de datos por infravermellos.
  • Lectores de códigos de barras: os códigos de barras son un conxunto de liñas verticais de cor negra que teñen distintos grosores. Soen utilizarse en supermercados, almacéns, tendas, etc., para identificar os produtos. Un lector de códigos de barras é un dispositivo capaz de ler e interpretar dita secuencia de barras, permitindo ao ordenador identificar o produto , e obtendo, así, información acerca del; por exemplo, o seu nome e o seu prezo.
  • Escáner: é un dispositivo que permite introducir información desde documentos en papel, e incluso caracteres, aínda que para iso ten que dispoñer do sistema OCR (Optical Character Recognition). A calidade dun escáner mídese en ppp ou dpi, unidade que indica o número de puntos que toma cada pulgada.
  • Joystick: o principal campo de aplicación deste dispositivo son os videoxogos; introduce no ordenador os movementos efectuados pola palanca e algunhas ordes mediante a pulsación dun botón. Tamén se emprega como mecanismo de desprazamento en entornos tridimensionais.
  • Tabletas dixitalizadoras: estes taboleiros utilízanse para realizar debuxos e gráficos con precisión. Son frecuentes nas profesións que necesitan realizar debuxos detallados: delineantes, arquitectos, grafistas, deseñadores, etc.
  • Lectores de bandas magnéticas: a utilización das bandas magnéticas está cada día máis estendida (tarxetas de crédito, tarxetas de identificación persoal, etc.). Os lectores de banda magnética son dispositivos capaces de ler a información grabada en dita banda.
  • Pantallas táctiles: ademais de mostrar a información (dispositivo de saída), as pantallas táctiles ofrecen a posibilidade de introducir información con só situar un dedo na súa superficie; por exemplo, elixir unha opción, executar unha orde, obter informació, etc.
  • Tablet PC: os Tablet PC constitúen a última evolución dos portátiles ou das PDA, con tamaños intermedios entrambos; soen ter unha pantalla de 10" que sirve para introducir datos, de forma semellante a como se fai nunha PDA.
  • Cámaras dixitais: existen dispositivos que permiten introducir tanto imaxes como vídeos no ordenador. Entre eles están as cámaras fotográficas dixitais, cuxas imaxes dixitais poden descargarse ao ordenador para ser manipuladas (efectos especiais, retoques fotográficos, impresión, etc.) e as cámaras dixitais de vídeo, que, ademais de ofrecer a posibilidade de transferir as súas grabacións dixitais ao ordenador para que sexan editadas, poden ser utilizadas para transmitir imaxes en tempo real.
  • Micrófono: este instrumento clásico pode tamén ser utilizado como dispositivo de entrada, sempre e cando se dispoña dunha tarxeta de son no ordenador. Tamén permite, co software específico de recoñecemento de voz, ditar o contido dun documento ou dar ordes ao ordenador.

DISPOSITIVOS DE SAÍDA:
1.  MONITORES


Este dispositivo, imprescindible para o ordenador, permite visualizar o resultado da información procesada; pero, ademais, o ordenador utilízao para mostrar ao usuario as mensaxes e as opcións que lle permitirán a este tomar decisións.
  • Monitores convencionais (CRT): o seu funcionamento baséase na utilización dun tubo de raios catódicos que envía, dende o fondo cara á pantalla, unha corrente de electróns que ao chocar cunha superficie de material fosforescente situada na parte interior da pantalla, a ilumina, formándose as imaxes. As imaxes están constituídas por un número determinado de puntos, que reciben o nome de pixeis.
  • Pantallas planas de cristal líquido (LCD):estes monitores, evolucionados das pantallas de calculadoras e portátiles, utilizan millóns de celas de cristal líquido que se polarizan e permiten o paso de determinados raios, que compoñen a imaxe no monitor.
  • Pantallas planas TFT:están constituídas por unha matriz de millóns de puntos; cada punto é un transistor que actúa de forma independente, coa súa cor, o seu brillo, ton, etc., e o conxunto de todos eles forma unha imaxe de alta calidade.
  • Monitores de plasma:trátase tamén de monitores planos, habitualmente de grandes dimensións, baseados na utilización dun gas (plasma) que, en cada un dos puntos (pixeis) da pantalla, adquire a cor, o brillo, etc., necesarios para conformar a imaxe.
2.  IMPRESORAS

As impresoras permiten obter a información imprimida en distintos soportes físicos: papel, transparencia, etc.
Aínda Que tradicionalmente se conectaban ao ordenador a través dun porto paralelo, cada vez é máis frecuente a conexión a través doutros portos, sobre todo USB. Tamén existen impresoras con tecnoloxía inarámica, por exemplo, Bluetooth.
A calidade dunha impresora mídese en ppp (puntos por polgada) oudpi (dots per inch), medida que indica o número de puntos que pode debuxar nunha polgada.
En canto á velocidade, pódese medir en cps (carácteres por segundo) ou, o que é máis frecuente hoxe en día, en ppm (páxinas por minuto).
En función da súa tecnoloxía, as impresoras clasifícanse en:
  • Impresoras de margarida ou matriciais:estas impresoras, xa en desuso, baseaban a impresión no golpeo sobre unha fita impregnada de tinta que, ao tomar contacto co papel, marcaba nel a información.
  • Impresoras térmicas: este tipo de impresoras basea o seu funcionamento na tinguidura do papel mediante un proceso térmico; adoitan ser impresoras de cor, de custo económico non moi alto. Empréganse, sobre todo, para imprimir tíckets.
  • Impresoras láser: utilizan unha tecnoloxía similar á das fotocopiadoras. Son bastante rápidas e permiten obter resultados de alta calidade; cada vez son máis frecuentes as impresoras láser de cor.
  • Impresoras de chorro de tinta:dada a súa boa relación calidade/prezo, estas son as máis utilizadas entre os usuarios de ordenadores persoais. Trátase de impresoras de cor (inicialmente só imprimían en branco e negro), que obteñen a impresión pola inxección de tinta líquida a través de cabezais. 
A evolución destas impresoras permite dispoñer de impresoras económicas cunha calidade moi alta, válidas para imprimir fotografías.
  • Plotter: trátase dun dispositivo que se utiliza nas aplicacións de deseño asistido por ordenador, xa que permite imprimir planos, debuxos técnicos, mapas, deseños industriais... cunha excelente calidade. Tecnicamente, un plotter está constituído por un brazo robótico, en cuxo extremo se encontra unha plumiña; a gran diferenza respecto ás impresoras é que realiza debuxos con trazos continuos, conseguindo así figuras (círculos, curvas...) de gran calidade. Outra importante característica do plotter é que, a diferenza da impresora, pode utilizar papel de grandes dimensións.
  • Microfilme COM (Computer Output in Microfilm): Esta técnica utilízase habitualmente en bancos e bibliotecas, xa que permite almacenar información nun espazo moi reducido.
    As páxinas de información son fotografadas mediante unha cámara especial e transfórmanse en imaxes de 1,5 cm2, que posteriormente son agrupadas en fichas (cada unha destas fichas contén aproximadamente cen imaxes). Para poder ler a información dunha ficha necesítase un lector de microfichas, que proxecta unha imaxe ampliada dela nunha pantalla.




    Clic aquí para ir a páxina relacionada


    Tema 2: Hardware


    7. DISPOSITIVOS DE ENTRADA E SAÍDA. 
    • Dispositivos de entrada.
    • Dispositivos de saída. 
    • 1 vídeo sobre o tema (facendo ligazón dende YouTube).
    • 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema. 
    8. DISPOSITIVOS DE ALMACENAMENTO.
    • Discos magnéticos.
    • Disco ópticos.
    • Discos mágneto-óptico.
    • Dispositivos de almacenamento baseado na memoria flash.
    • 5 fotos sobre o tema, cada unha co seu título.
    • 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema.
    9. DISPOSITIVOS DA COMUNICACIÓN. REDES.
    • Redes locais.
    • Topoloxía dunha rede.
      *Rede en anel.
      *Rede en estrela.
        
      *hub e switch.
    • Cableado dunha rede local.
      *Cableado coaxial.
      *Cableado UTP.
      *Cableado de fibra óptica.
    • Redes inarámicas.
    • Redes externas. Internet.
    • Redes privadas virtuais.
    • Conexión a través dunha liña telefónica.
      *Módems.
      *Tarxetas RDSI.
      *Módems ADSL.
      *Router.
    • Conexión a través de cable. 
    • Conexión vía satélite.
    • Conexión por ondas radioelétricas.
    • Conexión móbil.
      *GSM.
      *GPRS.
      *UMTS.
    • 1 vídeo sobre o tema (facendo ligazón dende YouTube).
    • 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema.