jueves, 17 de febrero de 2011

8. Dispositivos de almacenamento

 - Discos magnéticos: os discos magnéticos gardan a información en superficies (discos) de natureza magnética. Antes de poder utilizar un disco magnético, este ha de ser preparado (formatado) para que se poida recibir a información; esta operación divide o disco en pistas e sectores nos que se almacenará a información.
O disco flexible, tan utilizado ata a aparición da memoria flash, era o soporte de almacenamento (magnético) que se utilizaba para transportar información dun ordenador a outro; este disco estaba provisto dunha lámina protexida por unha carcasa de plástico. Os discos flexibles máis utilizados eran os denominados discos de 3 1/2 (nome que facía referencia ao seu tamaño físico en polgadas), aínda que existían outros como os discos ZIP, con capacidades de 100, 250 ou 750 MB, e os Superdisk LS-x, con capacidades de 120 ou 240 MB.
Hoxe en día, o representante máis importante dos discos magnéticos é o disco duro, tamén chamado disco fixo, xa que adoita estar dentro do ordenador; non obstante, isto xa non é certo de todo, posto que son frecuentes tamén os discos duros extraíbles e os discos duros externos.

Os discos duros están formados por un conxunto de discos amoreados cun eixe común; entre eles están situadas as cabezas de lectura-escritura de maneira que poidan ler e escribir nas dúas caras de cada disco.
Ao igual que nos discos flexibles, a información almacénase en cada unha das superficies magnéticas dun disco; o número de discos e a composición do material magnético determinan a capacidade do disco duro, que, día a día, aumenta vertixinosamente, sendo habitual falar de discos duros de 200, 400 ou 500 GB, e mesmo de 1TB.
Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos, os discos duros poden ser de varios tipos; na actualidade, os máis utilizados son discos 
IDE (EIDE); esta tecnoloxía permite conectar ata catro dispositivos con capacidades de Gigabytes. Dentro deste tipo de hai que falar de subtipos que se diferencian, sobre todo, na velocidade de transferencia de datos: ATA, Ultra-ATA, Ultra DMA, Ultra DMA-66, Ultra DMA-100...; o último en aparecer foi o Serial-ATA.

- Discos ópticos: a aparición dos discos ópticos (CD-ROM e DVD), provocou unha revolución nos sistemas de almacenamento, grazas á enorme cantidade de información, de moi distinta natureza, que poden almacenar cun custo relativamente baixo. Todos estes discos utilizan tecnoloxía óptica (láser).

- Discos magneto-ópticos: Estes discos utilizan unha tecnoloxía mixta: magnética e óptica. A súa gran vantaxe é que permiten almacenar unha gran cantidade de información madiante a técnica óptica, pero, ademais, os datos poden ser modificados e borrados grazas á tecnoloxía magnética.
A superficie dun disco magneto-óptico está constituída por unha aleación de metal cristalino sobre unha superficie de aluminio (encargada de reflexar posteriormente o láser); ambas están situadas entre dúas capas de plástico que as protexen.
Á hora de gravar ou modificar información, o láser quenta unha pequena porción de superficie da aleación cristalina, liberando aos cristais o suficiente para para permitirlles o movemento. O campo magnético é capaz de orientalos para cambiar a súa posición e poder así representar os díxitos (0 e 1) correspondentes á nova información.
A lectura de información realízase do mesmo modo que nun disco óptico; a orientación dos cristais fai que o raio de luz se reflicta ou non na dirección determinada para que sexa detectada por un sensor e poida converterse en información dixital (0 e 1).

Dispositivos de almacenamento baseados nas memorias FLASH: as memorias flash, inicialmente utilizadas para almacenar os datos da BIOS do ordenador, popularizáronse e o seu uso xeneralizouse ata o punto de que cada vez son máis os dispositivos de almacenamento que utilizan esta tecnoloxía.
Estes dispositivos, que soen comercializarse con distintos nomes (Compact flash, Memory stick, Smart drive, Pendrive...) non só son dispositivos informáticos, senón que se estendeu a súa utilización a outros dispositivos electrónicos, como, por exemplo, as cámaras fotográficas ou de vídeo dixitais. No caso dos dispositivos informáticos, soen conectarse a un  porto USB, desde o cal  obteñen a enerxía eléctrica suficiente para o seu funcionamento.

As características máis sobresaíntes destes dispositivos son o seu reducido tamaño e a non necesidade dunha pila ou batería que subministre enerxía á memoria para manter a gravación. Iso si, a vida dunha memoria flash non é indefinida: cífranse entre 100000 e 1000000 as veces que se poderá gravar información nela.



Memorias FLASH

Disco magnético

Disco magnético

Disco magneto-óptico
Disco óptico


No hay comentarios:

Publicar un comentario