O Museo Nacional do Prado, ubicado en Madrid, España, e unha das pinacotecas máis importantes do mundo, singularmente rica en cadros de mestres europeos dos seculos XVI ao XIX. O seu principal atractivo radica na ampla presenza de Velázquez, Goya (o artista máis estensamente representado na coleción), Tiziano e Rubens, dos que posee as mellores colecións que existen a nivel mundial, ao que hai que sumar as colecións de autores tan importantes como O Greco, Murillo, José de Ribera, Zurbarán, Rafael, Veronese, Tintoretto, Van Dyck ou El Bosco, por citar só os máis relevantes. As habituais limitacións de espazo explican que o museo exhiba unha seleción de obras de máxima calidade (unhas 900 pinturas), do total de máis de 7.800 que ten no seu inventario, e que por iso sexa definido como «a maior concentración de obras mestras por metro cadrado». Grazas a recente ampliación de Rafael Moneo, prevéese que a seleción exposta creza nun 50%, con unhas 450 obras máis.
Ao igual que outros grandes museos europeos, como o Louvre de París e os Uffizi de Florencia, o Prado debe a sua orixe a afición colecionista das dinastías gobernantes ao longo de varios seculos. Reflexa os gustos personais dos reis españois e a sua rede de alianzas e enemistades políticas, polo que e unha coleción asimétrica, insuperable en determinados artistas e estilos, e débil en outros. Sólo desde o seculo XX procurase, con resultados desiguais, solventar as ausencias máis notorias.
Boneco
Hace 13 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario