viernes, 3 de diciembre de 2010

Tarxeta de son

A tarxeta de son é a encargada de transformar o son analóxico en información dixital (ceros e uns), e viceversa; así, grazas a tarxeta de son, poderemos:
  • Escoitar o son almacenado nuns ficheiros denominados arquivos de son.
  • Grabar e manipular os sons almacenados neses ficheiros.
  • Incluír sons en documentos diversos: presentacións de PowerPoint, páxinas web...
  • Escoitar CD´s musicais no ordenador
  • Utilizar programas de música para compoñer, retocar e reproducir melodías propias.
A continuación, poderemos ver as funcións dos 5 conectores que posúe:
  • Entrada de liña de audio(Azul): Permite introducir, ao ordenador, son dun aparello externo: unha radio, unha cadena de música, etc.
  • Saída para altofalantes ou cascos(Verde): Permite conetar estes dispositivos.
  • Entrada de micrófono(Rosa): Permite introducir son do exterior: voz, música...
  • Saída de audio(Negro): Envía o son a un amplificador ou grabador externo.
  • Porto MIDI/Joystick: Permite introducir son directamente desde un instrumento musical ou conetar un joystick para xogos.


Video de instalación dunha tarxeta gráfica

No hay comentarios:

Publicar un comentario