miércoles, 27 de octubre de 2010

Pregunta 13:Intelixencia artificial

A IA é a parte da ciencia que se ocupa do deseño de sistemas de computación intelixentes, é dicir, sistemas que exhiben as características que asociamos á intelixencia no comportamento humano que se refire á comprensión da linguaxe, a aprendizaxe, o razoamento, a resolución de problemas, etc.

Os sistemas expertos son máquinas que pensan e razoan coma un experto o faría nunha certa especialidade ou campo. Por exemplo, un sistema experto no diagnóstico médico requeriría como datos os síntomas do paciente, os resultados das análises clínicas e outros feitos relevantes, e, utilizándoos, buscaría nunha base de datos a información necesaria para poder identificar a correspondente enfermidade.

Os obxectivos típicos da visión artificial son:

  • Deteción, segmentación, localización e recoñecemento de certos obxectos en imaxes(p.e.caras humanas).
  • Rexistro de diferentes imaxes dunha mesma escea ou obxecto, facer concordar un mesmo obxecto en diversas imaxes.
  • Seguimento dun obxecto nunha secuencia de imaxes.
  • Mapeo dunha escea para xerar un modelo tridimensional da escea; tal modelo podería ser usado por un robot para navegar pola escea.
  • Estimación das posturas tridimensionais de humanos.
  • Busca de imaxes dixitais polo seu contido.



No hay comentarios:

Publicar un comentario