jueves, 28 de octubre de 2010

Pregunta 12: Vantaxes e inconvenientes entre software libre e software propietario

As vantaxes do software libre son: 
  • Que todo o mundo pode disfrutar del. 
  • Pode probalo e incluso retocalo ou cambialo sen ningún tipo de problema xa que na súa licencia ven explicado como podemos usalo. 
  • Pódese ver como está feito sen ningún problema e pasalo duns usuarios a outros.
Os inconvenientes os atopamos sobre todo nas empresas privadas, porque: 
  • Tódolos usuarios prefiren o software libre para retocalos e modificalos entre uns e outros para buscar a perfeción, pero cando unha empresa invirte moito diñeiro e moito esforzo e traballo en conseguir algo logo non quere compartir ese traballo que tanto lle custou conseguir. Polo tanto, os inconvenientes son que os demais usuarios aprovéitanse dos teus descubrimentos, desarrolos e traballos.

 
 
 


Pregunta 11: Diferenzas e semellanzas entre software libre e software propietario

DIFERENZAS E SEMELLANZAS

As diferenzas son:

  • O software libre pódeo obter calquera usuario para retocalo ou utilizalo, mentres que o software propietario o posúe unha empresa ou usuario privado e non o comparte cos demais usuarios, xa que o utiliza para o seu uso persoal e non se pode modificar. 
  •  O software libre o perfecionan entre tódolos usuarios e pode ter menos erros, mentres que o software propietario só o fai un e polo tanto ten máis erros e teñen que sacalos tódolos anos.
  •  Debe vir acompañado dun código fonte para facer efectivas as liberdades que o caracterizan. Dentro do software libre hai, a súa vez, matices que son necesarios tener en conta. 
  • O software de dominio público significa que non está protexido polo copyright, polo tanto, poderían xerarse versións non libres do mesmo, en cambio o software libre protexido con copyleft impide aos redistribuidores incluír algún tipo de restrición ás liberdades propias do software, é dicir, garantiza que as modificacións seguirán sendo do software libre. 
  •  Tamén é conveniente non confundir o software libre co software gratuito, éste non custa nada, feito que non o convirte
    en software libre.

    As semellanzas son:
    • Os dous no seu lanzamento non son completamente perfectos, xa que teñen moitos erros.
    •  Os dous software poden ser usados comercialmente (sempre e cando no software propietario se teñan os permisos correspondentes).
    •  Dentro do seu funcionamento, os dous son moi parecidos.
     



    miércoles, 27 de octubre de 2010

    Pregunta 14:Intelixencia artificial

    A IA abarca as seguintes áreas:

    • Os sistemas expertos.
    • A demostración automática de teoremas.
    • O recoñecemento da voz e de patróns.
    • O procesamento da linguaxe natural.
    • A visión artificial.
    • A robótica.
    • As redes neuronais.
    Usos e aplicacións do recoñecemento automático por voz:

    • Dictado automático: o dictado automático é, no 2007, o uso máis común das tecnoloxías de recoñecemento de voz. Nalgúns casos, como no dictado de receitas médicas e diagnósticos ou o dictado de textos legais, úsanse corpus especiais para incrementar a precisión do sistema.
    • Control por comandos: os sistemas de recoñecementoda fala deseñados para dar ordes a un computador(p.e."Abrir Firefox","Cerrar ventá")chámanse control por comandos.Estes sistemas recoñecen un vocabulario moi reducido, o que incrementa o seu rendemento.
    • Telefonía: algúns sistemas PBX permiten aos usuarios executar comandos mediante a fala, no lugar de pulsar tons. En moitos casos, pídese ao usuario que diga un número para navegar un menú.

    Pregunta 13:Intelixencia artificial

    A IA é a parte da ciencia que se ocupa do deseño de sistemas de computación intelixentes, é dicir, sistemas que exhiben as características que asociamos á intelixencia no comportamento humano que se refire á comprensión da linguaxe, a aprendizaxe, o razoamento, a resolución de problemas, etc.

    Os sistemas expertos son máquinas que pensan e razoan coma un experto o faría nunha certa especialidade ou campo. Por exemplo, un sistema experto no diagnóstico médico requeriría como datos os síntomas do paciente, os resultados das análises clínicas e outros feitos relevantes, e, utilizándoos, buscaría nunha base de datos a información necesaria para poder identificar a correspondente enfermidade.

    Os obxectivos típicos da visión artificial son:

    • Deteción, segmentación, localización e recoñecemento de certos obxectos en imaxes(p.e.caras humanas).
    • Rexistro de diferentes imaxes dunha mesma escea ou obxecto, facer concordar un mesmo obxecto en diversas imaxes.
    • Seguimento dun obxecto nunha secuencia de imaxes.
    • Mapeo dunha escea para xerar un modelo tridimensional da escea; tal modelo podería ser usado por un robot para navegar pola escea.
    • Estimación das posturas tridimensionais de humanos.
    • Busca de imaxes dixitais polo seu contido.



    viernes, 22 de octubre de 2010

    Premios Príncipe de Asturias

    • Premio Príncipe de Asturias das Artes 2010
    Richard Serra

    Richard Serra está considerado un dos escultores máis relevantes da vangarda da segunda metade do século XX pola súa innovadora visión.
      
    • Premio Príncipe de Asturias da Comunicación e Humanidades 2010

    Alain Touraine e Zygmunt Bauman

    Considerados dous dos máximos expoñentes do pensamento europeo actual, Alain Touraine e Zygmunt Bauman analizaron as profundas transformacións das estruturas sociais contemporáneas.

    • Premio Príncipe de Asturias das Letras 2010
    Amin Maalouf

    A súa obra, traducida a máis de 20 idiomas, sitúano como un dos escritores contemporáneos que máis profundizou na cultura mediterránea, representada como un espazo simbólico de convivencia e tolerancia.

    • Premio Príncipe de Asturias dos Deportes 2010
     Seleción española de fútbol

    Coa súa vitoria no Mundial de Suráfrica 2010 ante Holanda, a Seleción española de fútbol conseguiu a súa primeira Copa do Mundo,un feito histórico para o noso país.

    • Premio Príncipe de Asturias das Ciencias Sociais 2010
    Equipo arqueolóxico dos guerreiros de Xi´an